ÁNXEL FOLE. OBRA LITERARIA COMPLETA I. OBRA EN GALEGO

ÁNXEL FOLE. OBRA LITERARIA COMPLETA I. OBRA EN GALEGO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8288-642-8
Páginas:
430
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

29,30 €
Comprar

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.

Otros libros del autor

  • A LUS DO CANDIL
    Titulo del libro
    A LUS DO CANDIL
    FOLE, ANXEL
    A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evoluci...
    En stock

    18,00 €

  • TERRA BRAVA
    Titulo del libro
    TERRA BRAVA
    FOLE, ANXEL
    Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narr...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • DE CÓMO ME ENCONTRÉ CON EL DEMONIO EN VIGO
    Titulo del libro
    DE CÓMO ME ENCONTRÉ CON EL DEMONIO EN VIGO
    FOLE, ÁNXEL
    La suya es una de las prosas gallegas más ágiles del presente siglo. Nos transporta a un mundo preñado de fantasmas,...
    Agotado

    9,61 €

  • HISTORIAS QUE NINGUÉN CRE
    Titulo del libro
    HISTORIAS QUE NINGUÉN CRE
    FOLE, ANXEL
    Unha recompilación de relatos breves, escritos en diferentes épocas, que amosa a extraordinaria capacidade de Ánxel ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,35 €

  • CONTOS DA NÉBOA
    Titulo del libro
    CONTOS DA NÉBOA
    FOLE, ANXEL
    Nos contos de Ánxel Fole conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor man...
    RECÍBELO EN 72H

    17,15 €