AO PÉ DO XIGANTE

AO PÉ DO XIGANTE

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
TIERRA Y MEDIOAMBIENTE
ISBN:
978-84-96893-44-3
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Moreniña por te ver

Pasei o mar da Marola

A piques de me perder.

Velaí a apoteose do cancioneiro tradicional coruñés. Tríade céltica -como diría don Manuel Murguía- na forma. E unha mensaxe definitiva no fondo: Cómpre arriscalo todo para procurar a beleza.

A Coruña, luz e vento, unha pedra chantada no Atlántico. E a Torre, ese xigante, entre as Mariñas e a Costa da Morte, facho acendido para abrir camiños no Océano, ou -o que é o mesmo- para abrir camiños entre todos os misterios.

Ruído, fume, cemento... a pátina urbana tolda ás veces a percepción dos habitantes desta cidade, e non nos permite sentir as magnitudes cósmicas -pedra, mar, luz e vento- entre as que armamos a nosa vida.

Afortunadamente chegou Gwendolyn, unha nova ética na mirada, para nos dar perspectiva.

Vén de Oriente de Lonxe, vén de Taiwán, a illa Formosa como lle dixeron os portugueses. E quizá por iso, porque chegou literalmente do outro lado do mundo, sintonizou directamente con ese misterio de luz que se chama A Coruña. Milagre da realidade, tal e como o formulou a poeta Luísa Villalta no seu libro En Concreto:

O meu nome é o da Cidade Alta

Nacido onde a luz e o mar

Se están orixinando mutuamente

A Coruña, nau enfeitizada -dixo Devesa Monterroso-, mar da serpe, luz, pedra, auga, vento, e nós dentro. Aquí, en concreto, onde xermola a cada instante a marabilla. Milagre do cotián que estoupa nos beizos cada vez que pronunciamos a palabra máxica: Orzán!

Embarquemos pois neste libro-manifesto. Contra o frío desacougo do cemento, a mirada de Gwendolyn Luo. Destino: beleza, a mellor travesía de futuro para esta cidade barco que se chama A Coruña.

Ai! Moreniña por te ver...

Xurxo Souto

A Coruña, xuño 2008

Otros libros del autor

  • MILAGRE DA TERRA
    Titulo del libro
    MILAGRE DA TERRA
    LUO, GWENDOLYN
    A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que...
    Disponible en 5 días

    11,06 €

  • ENTRE O CEO E O MAR
    Titulo del libro
    ENTRE O CEO E O MAR
    LUO, GWENDOLYN
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosi...
    Disponible en 5 días

    18,00 €