RIESTRA RODRÍGUEZ - LOSADA, BLANCA
A autora gañou este prestixioso recoñecemento cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, destacando a súa riqueza literaria, caracterizada pola pola mestura de xéneros, confluíndo a autoficción, o xornalismo e a novela de memoria.
Trátase dun relato xeracional onde se reflicten con acerto as vivencias de protagonistas ficticios, mais tamén reais, que deste xeito quedan para sempre inmortalizados.
Blanca Riestra (A Coruña, 1970) en castelán é autora das novelas Anatol y dos más (1996), La canción de las cerezas (2001), Premio de novela Ateneo Joven de Sevilla), El sueño de Borges (2004), Todo lleva su tiempo (2007, Premio de Novela Tigre Juan), Madrid blues (2008), La noche sucks (2010, Premio Eñe), Vuelo diurno (2012), Pregúntale al bosque (2013, Premio Internacional de Novela Ciudad de Barbastro), Greta en su laberinto (2016, Premio Torrente Ballester). Na actualidade vive na Coruña e traballa como profesora universitaria no Cesuga.