AS LEIS FUNDAMENTAIS DA ESTUPIDEZ HUMANA

AS LEIS FUNDAMENTAIS DA ESTUPIDEZ HUMANA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-936413-4-4
Páginas:
86
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BAGAXEDEPETO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

10,00 €
Comprar

Tradución do italiano de Moisés Barcia

Neste breve ensaio, o historiador da economía Carlo M. Cipolla desenvolve unha visión das persoas estúpidas, que debuxa como un grupo máis poderoso ca a Mafia, o complexo industrial-militar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez. As leis fudamentais da estupidez humana non é o traballo máis serio nin o que lle proporciounou máis prestixio académico ao autor, pero sen dúbida pode servir de utilidade ao lector precavido e contribuír dese xeito ao progreso do conxunto da sociedade.

O autor

Carlo Maria Cipolla (1922-2000) foi un historiador da economía italiano. Nacido en Pavía, e graduado na Universidade desa mesma cidade, aos 27 anos deu comezo a unha longa carreira académica en Italia que o levaría ao posto de catedrático na Universidade de California en Berkeley, e a ser admitido en varias academias de prestixio (Royal Historical Society, American Academy of Arts and Sciences, Accademia dei Lincei). Cipolla foi unha autoridade recoñecida na historia económica, e traballou tamén na historia da tecnoloxía, a alfabetización e os sistemas sanitarios. Porén, un dos seus traballos máis divulgados é a breve análise económica, demográfica e histórica da estupidez humana que se recolle neste libro.

Otros libros del autor

  • HISTORIA ECONOMICA DE LA POBLACION
    Titulo del libro
    HISTORIA ECONOMICA DE LA POBLACION
    CARLO M. CIPOLLA
    Autor de libros breves y brillantes, el profesor Cipolla nos ofrece en éste la mejor síntesis histórica que existe s...
    Disponible en 5 días

    8,95 €

  • ALLEGRO MA NON TROPPO
    Titulo del libro
    ALLEGRO MA NON TROPPO
    CARLO M. CIPOLLA
    Este es uno de los libros más inteligentes y divertidos que se hayan escrito nunca. Parodia de divertissement diecio...
    Agotado

    8,95 €