B.J. FEIJOO, RENOVADOR DO PENSAMENTO DA ILUSTRACION

B.J. FEIJOO, RENOVADOR DO PENSAMENTO DA ILUSTRACION

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-92923-73-1
Páginas:
116
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

10,00 €
Comprar

Galicia e, nomeadamente, a cidade de Ourense distinguíronse dun xeito moi singular por espallar por todo o país o pensamento do bieito ilustrado, ata o punto de que na segunda metade do xix as publicacións galegas superaron en importancia as do resto de España. A figura de Feijoo foi aclamada e a súa galeguidade converteuse en motivo de orgullo e satisfacción para unha Galicia que comezaba a desangrarse nunha riada humana sen fin cara ao alén mar. Esta corrente de afecto mantívose, cando menos, ata a segunda metade do século xx, na que outras efemérides vitais do beneditino serviron como xustificación para realizar novos estudos sobre o seu pensamento e a súa importancia no contexto cultural español. De todas as maneiras, no último cuarto do século xx e na primeira década do xxi comezou a caer nun lento e progresivo esquecemento, e foron moi escasos os traballos ou mencións que lle foron dedicados pola intelectualidade galega. Feijoo, a pesar de todo, segue a ser unha figura esencial e indiscutible da nosa historia cultural que está por riba das modas e dos oportunismos intelectuais do momento. Por iso, o Consello da Cultura Galega non quixo deixar pasar os douscentos cincuenta anos do seu pasamento, en 1764, sen lle lembrar á cidadanía galega que o erudito ourensán segue a ser un dos máximos referentes da nosa cultura, como recoñeceu Castelao na «Alba de Groria» incluíndoo no cortexo dos galegos egrexios e inmorredoiros. Deste xeito, quérese contribuír ao avivamento entre nós da memoria dun galego, referente fundamental da Ilustración española e loitador incansable contra o pensamento débil, preguizoso e lixeiro. Algo que nunca deixará de estar de actualidade.

Otros libros del autor

  • EUCALIPTOS EN ESPAÑA
    Titulo del libro
    EUCALIPTOS EN ESPAÑA
    DIAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
    Buscando propiciar un diálogo entre argumentos ya asentados y nuevos puntos de vista que, en los últimos años, han i...
    RECÍBELO EN 72H

    18,00 €

  • O GRAN TRIANGULO
    Titulo del libro
    O GRAN TRIANGULO
    DIAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
    Entre 1806 e 1808, o matemático e astrónomo, Xosé Rodríguez González (Bermes, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,00 €

  • A CUESTION AMBIENTAL EN GALICIA
    Titulo del libro
    A CUESTION AMBIENTAL EN GALICIA
    DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
    Os problemas ecolóxicos e ambientais que afectan a todo o globo preocupan cada vez máis á sociedade, pero cada cultu...
    Disponible en 5 días

    28,60 €

  • OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA
    Titulo del libro
    OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA
    DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
    Coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Bahamonde, esta publicación recolle as actas das xornadas celebradas...
    Agotado

    19,23 €

  • AUGA PARA TODOS
    Titulo del libro
    AUGA PARA TODOS
    DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
    Auga para todos contén un relato de cuestións esenciais sobre a auga: a súa importancia para os seres vivos, as cara...
    RECÍBELO EN 72H

    10,00 €