CANCIONEIRO DA RIBEIRA DE PIQUÍN

CANCIONEIRO DA RIBEIRA DE PIQUÍN. UNHA APROXIMACIÓN Á POESÍA TRADICIONAL DA MONTAÑA LUCENSE

Editorial:
CANELA
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-09-39260-5
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Música, etnografía e literatura popular fúndense no Cancioneiro da Ribeira de Piquín, que compila máis de 200 cantares tradicionais recollidos no concello ou en zonas próximas, unha parte froito do traballo de documentación en arquivos e cancioneiros e outra da recollida directa.

A obra conta cun completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das cantigas, a simboloxía o valor da língua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.

Así pois, o recurso á poesía e música orais pode supor unha viaxe ao pasado para obtermos información sobre a economía, a historia social, os medios de produción, as relacións sociais e afectivas, a chegada de innovacións, o ciclo da vida etc. e para coñecermos algúns pormenores da nosa historia social e do comportamento que as persoas habitantes dese mundo rural desenvolvían unhas a respecto doutras.

Inclúe un mapa despregable do municipio a tamaño A2 (420 x 594 mm), elaborado específicamente para o libro logo dun intenso traballo de campo para que fose o máis actualizado e exacto posible.