Aproveitando que a Real Academia Galega tivo o feliz acordo de dedicarlle o ?Día das Letras Galegas 2025? a estas mulleres anónimas, homenaxe personificado en varias, mais para recoñecemento das de toda Galicia e da extraordinaria importancia da poesía popular oral, coidei que era o tempo oportuno para dar a coñecer unha pequena parte do labor das do concello de Rois, das que agora unicamente quedan as que eran mociñas hai 65 anos, que algunhas aínda se atreven a imitar o que facían as devanceiras.