CARTAS DE POBOAMENTO INEDITAS DE BAIONA E MONTE REAL

CARTAS DE POBOAMENTO INEDITAS DE BAIONA E MONTE REAL

Editorial:
FERVENZA
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-18136-12-2
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real ofrece por primeira vez os textos orixinais e íntegros da Carta Fundacional de Baiona , outorgada en 1201 por Alfonso IX, e da de Monte Real , coñecida polos Reis Católicos no 1497, escritas respectivamente no latín e castelán da súa época.
Ambos documentos constitúen o primeiro código de dereito do correspondente reguengo , ao conter as primeiras ordenanzas que regularon a vida xurídica ,social e económica dos seus primeiros poboadores .

A monografía consta dun extenso estudo sobre a natureza, contido e finalidade das cartas , os motivos do seu outorgamento, os contextos políticos e sociais nos tempos en que foron redactadas e as repercusións da súa concesión.
Esta obra, da autoría de Avelino Sierra , constitúe unha achega de primeiro orde aos estudos documentais do Medievo en Galicia, en canto que recupera a memoria de dous episodios fundamentais da historia da Real Vila de Baiona referente ás súas orixes e enraizamento .