Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o galeguista máis simbólico de cantos construíron a armazón do pensamento nacionalista. Alfonso e Daniel, para uns e para outros, o rianxeiro polivalente; o médico debuxante, o escritor e artista, o humorista conferenciante; o político, de nobre paixón, Deputado en Cortes, Ministro no exilio, ideólogo do galeguismo... o mito. A súa personalidade política, artística e humana está reflectida neste traballo na súa fondura, no seu valor e co rigor que é debido.