CICATRIZ BRANCA, A (CON DVD)

CICATRIZ BRANCA, A (CON DVD)

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-582-7
Páginas:
52
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

21,75 €

A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión, é o primeiro título da nova colección Libro Cinema de Galaxia, unha liña que inclúe a publicación da película en DVD -no que se inclúen diversos extras- canda un conxunto de textos arredor da produción.

“Por que o cinema” é o título do texto da directora Margarita Ledo que abre un libro que inclúe as impresións escritas doutras participantes no filme como as actrices Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero e Xoana Pintos. O músico Abe Rábade e Ramiro Ledo, responsábel da montaxe, aportan tamén a súa visión do filme ao que se achegarán tamén o crítico José Manuel Sande e a historiadora Pilar Cagiao na súa reflexión sobre as mulleres da emigración

Margarita Ledo achégase en A cicatriz branca á memoria das mulleres que chegaron a Arxentina por volta dos anos vinte e trinta. Despois das longametraxes Santa Liberdade e Liste, pronunciado Líster Margarita Ledo volve á memoria cun filme producido de novo por Nós, Produtora cinematográfica Galega.

O libro-DVD é o primeiro que nace coa colección Libro cinema mais, con anterioridade, Galaxia xa tiña experimentado no formato coa publicación de Dúas Letras de Eloi Varela e Fina Casalderrey.

Otros libros del autor

  • EL CUERPO Y LA CÁMARA
    Titulo del libro
    EL CUERPO Y LA CÁMARA
    LEDO ANDIÓN, MARGARITA
    RECÍBELO EN 72H

    10,95 €

  • DOCUMENTALISMO FOTOGRÁFICO
    Titulo del libro
    DOCUMENTALISMO FOTOGRÁFICO
    LEDO ANDIÓN, MARGARITA
    Los usos de la imagen en prensa se pueden clasificar a través de la búsqueda del efecto-verdad, a partir de la ilusi...
    Descatalogado

    15,50 €