COMO LEVAR UNHA VIDA HONESTA: CONSELLOS MARTIÑO DUMIO

COMO LEVAR UNHA VIDA HONESTA: CONSELLOS MARTIÑO DUMIO. CONSELLOS DE MARTIÑO DE DUMIO A MIRO, REI DE GALICIA

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-84-17802-53-0
Páginas:
142
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

18,00 €
Comprar

Cara ao ano 570, o rei Miro accedeu ao trono do reino suevo instalado na antiga Gallaecia e encargou ao seu mestre Martiño, arcebispo de Braga, un tratado con leccións para afrontar a vida e o goberno. A breve Formula vitae honestae é un compendio de ética natural fundado nos textos dos grandes autores clásicos. A obra converteuse nunha ferramenta imprescindible na educación dos príncipes europeos da Idade Media e tivo unha extraordinaria difusión, conservándose case setecentas copias latinas nos máis prestixiosos mosteiros, pazos e universidades do continente.

Con esta publicación, o Consello da Cultura Galega quere contribuír a recuperar a memoria dos persoeiros, intelectuais e monarcas, que asentaron un reino recoñecido, ao longo dos séculos e ata hoxe, como un ingrediente decisivo da identidade política e cultural de Galicia. Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia ofrece a tradución ao galego deste tratado, acompañada de traballos de destacados especialistas que poñen en contexto a época e a obra.

Pero ademais, os consellos que Martiño redactou para o rei de Galicia achégannos unha voz nova que enriquece as visións ás veces máis distantes dos datos históricos sobre esa época. Fálannos desde a experiencia da vida e do goberno dun reino, case coma se foran escritos para o mundo de hoxe. A súa lectura contribúe a crear unha relación máis próxima coas xentes que construíron, hai mil cincocentos anos, parte do que hoxe chegamos a ser.