CORAZÓNS AMOLECIDOS EN SALITRE

CORAZÓNS AMOLECIDOS EN SALITRE. CONXUNTO DE RELATOS SALFERIDOS POR ESCUMA MARIÑA NOS QUE REALIDADE E FICCIÓN SE MESTURAN PARA DAR LUGAR A UNHA NOVA DIMENSIÓN MÁIS CRUEL E, Á VEZ, MÁI

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8487-010-4
Páginas:
123
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

15,00 €
Comprar

Corazóns amolecidos en salitre é un conxunto de relatos salferidos por escuma mariña nos que realidade e ficción se mesturan para dar lugar a unha nova dimensión máis cruel e, á vez, máis entrañable. O mar como único protagonista encárgase de arrastrar onda os pés do lector botellas de vidro transparente que conteñen papeis engoumados por latexos de amor e odio, xenreira e devoción.

Son historias enguedelladas na arañeira da paixón onde os personaxes loitan desesperadamente por dominar os sentimentos que os delatan en cada latexo, en cada pensamento. Todos ollan expectantes o océano pero el mantense alleo ás súplicas silenciosas co seu inmenso manto de vida e morte estendido cara á eternidade. Entón fican enmudecidos, co corazón vagabundo amolecido polo salitre, ese que zarrapica feridas nunca pechadas. E sobreviven, sobrevivimos, mergullados na salmoira amarga do inexplicable.