Libro conmemorativo do 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía. O volume recolle unha cronoloxía anual que permite seguir a evolución da nosa historia, así como unha escolma de textos enviados por persoas que forman ou formaron parte da comunidade da Facultade: voces diversas que, desde a memoria persoal ou desde a reflexión académica, trazan un mosaico vivo e plural.