DEZ ANOS DE POESÍA NAS PONTES

DEZ ANOS DE POESÍA NAS PONTES. FREIRE MEDOS ROMERO VAZQUEZ PINTOR DEZ ANOS DE POESIA NAS PONTES XOHAN CABANA BLANCO

Editorial:
GALEBOOK
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-940735-7-1
Páginas:
178
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

13,00 €
Comprar

Este libro recolle unha escolma da poesía da que desfrutaron todos os ponteses nos últimos dez anos grazas ao pulo poético do Grupo Alalá e á xenerosidade dalgúns dos máis sobranceiros poetas galegos.

Cada un aporta un estilo distinto que enriquece esta obra cunha profusión de verbas vivas que expresan con forza o que vai na súa alma. Suspira Xosé Vázquez Pintor: “a voz das augas da montaña en teso de granito e líquida por dentro.” Berra Medos Romero: “Non hai palmo de terra que afogue a memoria de nós, nin silencio que nos roia nun laio tan profundo.” Á súa vez, Carlos Blanco dá unha volta entre as páxinas cun toque de humor galego: “Érase unha vez Carrapuchiña e non sei que lío tiña co lobo feroz, pero a cousa non pintaba nada ben.”

Todos quixeron atopar as palabras máis xeitosas para deixar neste libro a súa pegada, o seu recordo e a súa homenaxe a toda unha década celebrada como unha vitoria da poesía nun momento pouco propicio para as artes e a cultura.

Moi acertadamente di Darío Xohán Cabana: “Un bota toda a vida perseguindo o poema perfecto; chegar a el é case imposible, pero a procura tamén paga a pena.” Sen dúbida, esa foi a intención de todos.