DEZ

DEZ. TR. MARIA CRISTINA GONZALEZ PIÑEIRO

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-936413-8-2
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

14,02 €

Tradución do italiano de María Cristina González Piñeiro

Dez, como os mandamentos. Unha historia por cada imposición bíblica. Esta novela en forma de relatos retrata de preto as múltiples e dolorosas situacións límite que teñen lugar no contexto pechado e claustrofóbico dos suburbios de Nápoles. Un microcosmos enfermizo, conformado por canellas escuras, especulación atroz e esperanzas truncadas, onde as primeiras leis de convivencia humana parecen subsistir a modo de mera burla cruel. Andrej Longo encárgase de trazar o mapa da dor, da violencia, das condicións degradadas de vida, en que o ser humano resulta somerxido e esmagado pola miseria que contribúe a producir.