DIARIO DA LUZ E A SOMBRA

DIARIO DA LUZ E A SOMBRA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9782-233-6
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

17,95 €

A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro.
A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.

Otros libros del autor

  • LEONARDO E OS FONTANEIROS
    Titulo del libro
    LEONARDO E OS FONTANEIROS
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • EU CONTO, TI CANTAS...
    Titulo del libro
    EU CONTO, TI CANTAS...
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa...
    RECÍBELO EN 72H

    9,95 €

  • MAR ADIANTE
    Titulo del libro
    MAR ADIANTE
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fund...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • ¿E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?
    Titulo del libro
    ¿E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    Alma, unha cadeliña bonita regresa triste ao seu fogar porque os nenos non xogan con ela. Pérdese na noite e durme l...
    Disponible en 5 días

    10,50 €

  • GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
    Titulo del libro
    GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
    MORENO, MARIA VICTORIA
    Unha novela chea de contrates, na que a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contra...
    Disponible en 5 días

    14,10 €