DIARIO DUNHA CAMAREIRA

DIARIO DUNHA CAMAREIRA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8487-785-1
Páginas:
360
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

24,95 €

O Diario dunha camareira, cando aparece en 1900, a novela irrompe como unha denuncia feroz. Mirbeau entrégalle a voz a Celestine, criada que chega ao Priorado, en Normandía, onde a altivez cruel da señora Lanlaire e as insinuacións do señor compoñen un escenario abafante. No silencio do campo, Celestine decide escribir un diario: nel revive as casas onde serviu, oficio que entende como unha escravitude moderna. A súa mirada, aguda e implacable, penetra na intimidade burguesa e revela corrupción, vileza e unha dobre moral que se sostén sobre a brutalidade. A condición feminina engade unha explotación máis: a sexual, que empurra tantas criadas cara á prostitución. Celestine observa tamén os domésticos, vítimas da pobreza e da alienación, e recoñece en si mesma a reprodución da dureza aprendida. As referencias ao escándalo Dreyfus percorren o relato: case todos os personaxes son antidreyfusitas, antisemitas e clericais, materia que permite a Mirbeau unha crítica devastadora. Con voces múltiples e formas discursivas diversas, a novela foi levada ao teatro e ao cine, nunha tradición que culmina nas versións de Je