DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGA

DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-9782-740-9
Páginas:
672
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Descatalogado

30,50 €

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega.
A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da " clave " identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da " frase " diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de " significado " preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo " texto " , proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.

Otros libros del autor