DICIONARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA

DICIONARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-9782-420-0
Páginas:
544
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Descatalogado

34,50 €

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.
Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero.
O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo.

Otros libros del autor

  • GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA
    -5%
    Titulo del libro
    GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA
    FEIXÓ CID, XOSÉ
    Esta "Gramática da lingua galega", preparada por Xosé Feixó Cid, preparouse cun carácter eminementemente práctico co...
    En stock

    25,50 €24,23 €

  • EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA
    Titulo del libro
    EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA
    FEIXÓ CID, XOSÉ
    Os exercicios aquí presentados cobren todos os ámbitos da gramática, pois abórdanse os eidos ortográfico, morfolóxic...
    Descatalogado

    13,75 €

  • EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA. LIBRO DO PROFESOR
    Titulo del libro
    EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA. LIBRO DO PROFESOR
    FEIXÓ CID, XOSÉ
    Solucionario do libro dos alumnos para os mestres.Os exercicios aquí presentados cobren todos os ámbitos da gramátic...
    Descatalogado

    9,00 €