DO CONSERVADURISMO AO CATOLICISMO DE MASAS

DO CONSERVADURISMO AO CATOLICISMO DE MASAS. CARLOS TABOADA TUNDIDOR E A CEDA EN OURENSE

Editorial:
DEPUTACIÓN DE OURENSE DIPUTACIÓN DE ORENSE
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-16643-72-1
Páginas:
152
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

19,76 €

Despues:

18,77 €
Comprar

No Ourense da recentemente instaurada Segunda República española, a figura de Carlos Taboada Tundidor supuxo un pulo para a reorganización política das forzas conservadoras católicas fronte ao poderío inicial dos partidos republicanos e calvosotelistas. O seu papel de líder da CEDA de José María Gil Robles na provincia galega provocou disensións noutros partidos dereitistas, mais permitiu coñecer o mecanismo de funcionamento e control das elites locais dun xeito máis próximo. A través da súa correspondencia, observamos e analizamos as diversas formas de facer política dos antigos próceres conservadores do lugar e o seu enfrontamento cos novos métodos da política de masas, pero o xogo de influxo e a política caciquil da Restauración mantivéronse durante todo o período republicano, xa que numerosas familias e notábeis continuaron a manter practicamente intacto o seu poder tras a chegada do novo réxime. Grazas ao testemuño das abundantes cartas cruzadas con diversos actores políticos de relevancia da Galiza na España do momento, chegamos a coñecer unha nova visión da situación política do Ourense da época e dar luz ao papel que tivo este avogado e militar ourensán nos procesos políticos acaecidos durante o breve, mais intenso, réxime republicano.