DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

DOCE CARTAS A MARÍA VICTORIA MORENO

Editorial:
HERCULES
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-947770-6-6
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,50 €
Comprar

Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora Ánxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe se para sempre!

Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así, rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido; as vivencias da mocidade e as aspiracións desta estapa; a súa concepción da docencia na que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce os afectos na aula, así como os gustos e as inclinacións; as lecturas; os gozos; a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel e os de carne e óso-, a teimosía; o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernos perecedoiros.

Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos que atraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a lingua coa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso.

Otros libros del autor

  • GOMBÓ E O MEDO Á ESCURIDADE
    Titulo del libro
    GOMBÓ E O MEDO Á ESCURIDADE
    GRACIÁN, ÁNXELA
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • GOMBÓ E A VIAXE Á LAGOA
    -10%
    Titulo del libro
    GOMBÓ E A VIAXE Á LAGOA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    En stock

    14,00 €12,60 €

  • AS PALABRAS DO SILENCIO
    Titulo del libro
    AS PALABRAS DO SILENCIO
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, ...
    Descatalogado

    11,20 €

  • PINGA DE CHOIVA
    Titulo del libro
    PINGA DE CHOIVA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no envés das fo...
    Disponible en 5 días

    12,50 €

  • A TOUPIÑA CEGARATA
    Titulo del libro
    A TOUPIÑA CEGARATA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Seica as toupas non poden ver, que son unhas cegaratas. O seu mundo está tecido de escuridades subterráneas. Pero a ...
    Disponible en 5 días

    13,50 €