EL PEREGRINO Y OTRAS HISTORIAS EN COMPOSTELA

EL PEREGRINO Y OTRAS HISTORIAS EN COMPOSTELA

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
HISTÓRICA
ISBN:
978-84-18567-04-9
Páginas:
356
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

22,90 €
Comprar

Santiago de Compostela é, xunto coa Coruña, Madrid e París, o espazo preferente –literario e vital– de Emilia Pardo Bazán. Este volume, que leva por título El peregrino y otras historias en Compostela, aparece nos días do centenario do falecemento da escritora (A Coruña, 1851-Madrid, 1921).

Reúne trece narracións da gran escritora (dez contos, dúas novelas curtas e o comezo dunha novela inconclusa), nas que esta cidade é escenario, inspiración ou referencia. Nunha edición ao coidado dun dos maiores expertos na obra de Pardo Bazán, José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago.

Algúns dos relatos están baseados en singulares feitos reais, como a historia daquela monxa de clausura que, cando se descolgaba desde a reixa da súa cela, no muro de San Paio de Antealtares, para fuxir co seu amado, estrelouse nas lousas da Quintana; ou esa logradísima novela de maxia e bruxería titulada Belcebú; ou o conto «A Cana», todo un pioneiro no xénero policial; ou a historia daquela santa que vivía sen inxerir máis alimento que a comuñón diaria...

Este sedutor rescate editorial ábrese cun poema escrito pola autora aos 15 anos, e dedicado, como non, a Compostela.

Cada narración está precedida por un breve texto explicativo e a presente edición inclúe ademais manuscritos e ilustracións dos contos moi pouco coñecidas.


Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) está considerada como a mellor novelista española do século XIX e unha das máis destacadas e prolíficas escritoras españolas de todos os tempos, autora de centos de contos, libros de viaxes, novelas e ensaios. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres. Entre as súas novelas destacan La Tribuna (1883) ou Los pazos de Ulloa (1887) e entre as biografías, San Francisco. Siglo XIII (1882), publicada tamén por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago en 2014 e que a autora consideraba unha das súas obras máis logradas.

Otros libros del autor

  • CUENTOS DE NAVIDAD
    Titulo del libro
    CUENTOS DE NAVIDAD
    EMILIA PARDO BAZAN
    La Navidad, esa epoca entrañable que incluye la celebracion del Año Nuevo y la noche de Reyes, y todo cuanto rodea a...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • EL VIDRIO ROTO CUENTOS PARA LAS AMERICAS ARGENTINA
    Titulo del libro
    EL VIDRIO ROTO CUENTOS PARA LAS AMERICAS ARGENTINA
    EMILIA PARDO BAZAN
    El profesor González Ferrán reúne por primera vez esta producción dispersa (entre 1892 y 1921) en publicaciones como...
    Agotado

    19,80 €

  • LOS PAZOS DE ULLOA
    Titulo del libro
    LOS PAZOS DE ULLOA
    EMILIA PARDO BAZAN
    El díptico narrativo formado por " Los Pazos de Ulloa " y " La madre naturaleza " constituye...
    Descatalogado

    13,30 €

  • LOS PAZOS DE ULLOA
    Titulo del libro
    LOS PAZOS DE ULLOA
    EMILIA PARDO BAZAN
    Los pazos de Ulloa se sitúa en un recóndito y salvaje paraje de Galicia. La llegada a esta localidad de Julián, un s...
    RECÍBELO EN 72H

    10,95 €

  • LOS PAZOS DE ULLOA
    Titulo del libro
    LOS PAZOS DE ULLOA
    EMILIA PARDO BAZAN
    Emilia Pardo Bazán inicia esta nueva manera de narrar cuando se encuentra ya en su madurez creadora y guarda relació...
    Agotado

    12,80 €