ENTRE ENCRAVAMENTOS PROFUNDOS E DESENCRAVOS AMOROSOS

ENTRE ENCRAVAMENTOS PROFUNDOS E DESENCRAVOS AMOROSOS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-8288-470-7
Páginas:
256
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

23,05 €

Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos, que leva o subtítulo O encravamento e desencravo na imaxinería galega, é un libro no que Estanislao Fernández de la Cigoña introdúcenos nun peculiar eido da nosa imaxinería popular exhaustivamente investigado por el e co que acadou o Premio Taboada Chivite do ano 1997. En Galicia existen máis de quince mil cruceiros, pero é moito máis restrinxido o número de cruces de pedra que presentan os instantes anteriores á morte de Cristo ou aqueles momentos non que se procede ao seu desencravo ou descendemento. É destes monumentos dos que se ocupa o autor, quen non só bota luz sobre a peculiar fasquía destes fermosos testemuños da relixiosidade popular, senón tamén sobre os santeiros que os ergueron.