ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE

ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9151-645-3
Páginas:
200
Encuadernación:
Rústica
Colección:
COSTA OESTE
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

13,60 €
Comprar

Setembro de 1964. Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións,
chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas
outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas,
unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que
continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida sempre
te sorprende alí onde menos o agardas e que os finais dunhas historias dan
paso ao comezo doutras. Un relato intenso, ás veces inquietante, que non poderás
deixar ata o final..
BEATRIZ GARCÍA TURNES (Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía
Galega. Escribe dende adolescente e gañou premios como o Repsol de relatos
curtos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor
(Galaxia, 2001), recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro
Infantil e Xuvenil (Gálix). En Galaxia publicou tamén o discurso para as Súas
Maxestades O libro dos Reis Magos (2012).
É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social
e consciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (2009). Tamén é
coautora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (2001) e do ensaio
Antera de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016).
O ouro das lúas (2018) foi a súa última novela publicada, destinada tamén ao
público xuvenil.