ESTUDOS DE ONOMASTICA GALEGA V. OS NOMES COMERCIAIS

ESTUDOS DE ONOMASTICA GALEGA V. OS NOMES COMERCIAIS

Editorial:
REAL ACADEMIA GALEGA
Año de edición:
ISBN:
978-84-17807-06-1
Páginas:
228
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

A Real Academia Galega ven de publicar no seu web o caderno Estudos de Onomástica Galega V, dedicado neste caso aos nomes comerciais e con edición de Ana Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez. Os contidos, derivados da Xornada de Onomástica Galega celebrada o pasado 7 de novembro de 2020, traen unha reflexión sobre as tendencias de nomeamento dos establecementos e produtos comerciais e sobre o seu papel na normalización lingüística. Examínanse algúns dos sectores implicados, o valor das marcas galegas, as estratexias de mercadotecnia empregadas e as oportunidades pedagóxicas que ofrece este material para traballar na aula. A publicación inclúe reflexións sobre nomes e marcas por parte de Antón Santamarina, Benigno Fernández Salgado, María Álvarez de la Granja, Víctor Fernández Freixanes ou Raquel Rodríguez Parada, entre outros.