EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 12 AÑOS
ISBN:
978-84-9782-479-8
Páginas:
256
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
Descatalogado

14,50 €

Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente creado en 1989 por Andreu Martín e Jaume Ribera, e publicada en galego por Xerais dentro da súa colección Fóra de Xogo. Como nas entregas anteriores, o intelixente detective aceptará unha investigación para facer fronte aos seus caprichos, o que o levará a meterse, como adoita e sen el pretendelo, en todo tipo de líos, dende os amorosos, a outros bastante máis perigosos e comprometidos.
Desta volta, a trama iníciase cando Oriol Lahoz, detective profesional, pide axuda a Flanagan para atopar a Alí Hiyyara, un magrebí de doce anos desaparecido. Por suposto, as cousas non son como parecen. Seguindo a pista do rapaz, Flanagan abráiase e indígnase diante da terrible situación dos emigrantes de orixe magrebí que viven no seu barrio, e descubre que Omar, o pai do neno, tamén desaparecido, está involucrado no roubo dunhas valiosísimas xoias Almirall. Namentres, debe axudar ao seu amigo Charcheneguer, que se ve implicado no roubo dunha xoiaría e logo é secuestrado por un suposto amigo que pretende quitarlle o anel de brillantes que lle mercou a súa moza.

Otros libros del autor

  • LOS GEMELOS CONGELADOS
    Titulo del libro
    LOS GEMELOS CONGELADOS
    MARTÍN, ANDREU ; RIBERA, JAUME
    ¿Qué hacían los cadáveres congelados de dos niños de cuatro años en medio de un bosque nevado? ¿De dónde habían sali...
    Descatalogado

    14,90 €

  • TODOS LOS DETECTIVES SE LLAMAN FLANAGAN
    Titulo del libro
    TODOS LOS DETECTIVES SE LLAMAN FLANAGAN
    MARTÍN, ANDREU ; RIBERA, JAUME
    Flanagan, detective privado. Privado de muchas cosas, por ejemplo, de los recursos que tienen algunos de sus colegas...
    Descatalogado

    12,95 €

  • ALFAGANN É FLANAGAN
    Titulo del libro
    ALFAGANN É FLANAGAN
    MARTÍN, ANDREU ; RIBERA, JAUME
    Nesta ocasión, Flanagan terá que investigar a desaparición dunha compañeira de clase, Nieves Mercadal, que se fugou ...
    Descatalogado

    14,50 €

  • FLANAGAN BLUES BAND
    Titulo del libro
    FLANAGAN BLUES BAND
    MARTÍN, ANDREU ; RIBERA, JAUME
    En Flanagan Blues Band o xa famoso detective Flanagan, alcume do quinceaneiro Juan Anguera, presenciará un asasinato...
    Descatalogado

    14,50 €

  • O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN
    Titulo del libro
    O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN
    MARTÍN, ANDREU ; RIBERA, JAUME
    Animado pola súa amiga -e algo máis que amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un diario no que recolle as súas ...
    RECÍBELO EN 72H

    17,10 €