FESTIVIDADES DE INVERNO NA PROVINCIA DE OURENSE. MASCARAS,

FESTIVIDADES DE INVERNO NA PROVINCIA DE OURENSE. MASCARAS,

Editorial:
ALVEIROS
Año de edición:
ISBN:
978-84-121039-0-8
Páginas:
260
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,00 €
Comprar

Obra gañadora do XXIII premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Neste estudo froito dun amplo traballo de investigación etnográfica, o autor achega as realidades e a importancia que para a poboación supoñen as festas e rituais que na provincia de Ourense se desenvolven durante o período da invernía. Situacións que contan cun forte arraigo e se asentan nunha tradición transmitida de xeración en xeración, resultando ser un dos grandes tesouros que garda o excelso patrimonio inmaterial galego. Fundamentado nun arduo traballo de campo, no que aparecen representados o 60% dos concellos da provincia, e cun alcance en 150 núcleos de poboación, esta monografía fai un percorrido polas orixes, características e desenvolvemento das celebracións de Nadal, festas ígneas, romarías e do ciclo de entroido. En definitiva, por todos os elementos e situacións que resultan ser altamente significativos para a configuración desta identidade. Amósase un catálogo de máscaras, personaxes e rituais que conforman o folclore destas festas, afondando en cada un deles dun xeito descritivo, histórico, evolutivo e parando no que significa