O libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun instituto modelo (Pontevedra, 1939-1976) de Germán Manuel Torres de Aboal, trata dunha biografía intelectual e educativa do profesor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Baseado na súa tese doutoral, dita obra fai unha descrición pormenorizada e unha análise da función docente e directiva desempeñada por Filgueira Valverde no Instituto de Pontevedra, que foi declarado instituto modelo en 1957 e no que o profesor Filgueira, durante moitos anos, desempeñou un labor digno de consideración. O estudo basease nunha fonda investigación básica de carácter cualitativo, por medio da indagación arquivística e documental, dos que destacariamos tres arquivos: o arquivo documental e gráfico do Museo de Pontevedra, o arquivo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e o arquivo da Universidade de Santiago. Manexáronse, pois, as fontes primarias, secundarias e terciarias. Tamén coa consulta dunha abondosa bibliografía. Destacar a importantísima colaboración da familia Filgueira-Iglesias que en todo momento nos facilitou o acceso a canta docume