IDEAS, PROPOSTAS E DEBATES SOBRE A LINGUA (1916-1936). 1. LINGUA NACIONA, IDIOMA

IDEAS, PROPOSTAS E DEBATES SOBRE A LINGUA (1916-1936). 1. LINGUA NACIONA, IDIOMA

Editorial:
REAL ACADEMIA GALEGA
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-17807-25-2
Páginas:
238
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

20,00 €
Comprar

As dúas décadas que van de 1916 a 1936 adoitan considerarse unha etapa sobranceira no desenvolvemento da nosa lingua e cultura, que en boa parte foi protagonizado xustamente polas Irmandades da Fala, Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

No plano lingüístico, o obxectivo fulcral de toda aquela constelación político-intelectual galeguista foi a resignificación do galego, erguelo da condición dialectal ao status de lingua nacional, distinta ao castelán e irmá do portugués. O que quedou como froito histórico do seu labor foron a modernización e habilitación do galego como lingua de cultura; a súa consagración como lingua oficial no Estatuto de Autonomía e a primeira tentativa institucional da súa codificación.

Damos agora ao prelo en dous volumes unha recompilación de escritos sobre o idioma producidos desde 1916 a 1936. Neste primeiro volume recóllense textos referentes ao status social, cultural e político do galego. No segundo reúnense outros referidos ao seu cultivo e elaboración, con atención especial ás achegas referidas aos problemas do desenvolvemento e fixación do galego escrito.

Índice

Limiar. Henrique Monteagudo

I. O idioma por riba de todo

II. A lingua no ensino e noutros ámbitos

III. A oficialización: Constitución da II República (1931) e Estatuto de Autonomía de Galicia (1932)

Proxecto de Constitución. Artigo 4.º: emendas, debate e redacción definitiva
Proxecto de Estatuto de Autonomía
IV. Referencias bibliográficas