El libro está en castellano
Reseña en galego
Ó redor do período temporal que comprende os anos da transición e dos inicios da nosa actual democracia, Xosé Chao, posuidor dunha dilatada experiencia na elaboración de ensaios eclesiásticos e teolóxicos, realiza un minucioso percorrido, non falto dunha importante vertente crítica, polos máis destacados e diversos acontecementos que teñen como eixe central a relación entre a Igrexa e o Estado no marco cronolóxico indicado, e todo iso sazonado co estilo irónico e non exento dun ameno sentido do humor do que o autor fai gala. O presente estudo ten, ademais, o seu antecedente no volume Iglesia y franquismo. 40 años de nacional catolicismo (1936 1976), que nos ofrece similar análise do período político anterior: o da guerra civil e a ditadura franquista.