A illa de Lummerland quédalles pequena ós seus habitantes, de modo que Jim Botón, Lucas o maquinista e a súa locomotora Emma deciden marchar para viviren múltiples aventuras.
Un gran clásico sobre a amizade, o valor, o respecto e a igualdade, cheo de fantasía e humor.
Jim Botón e Lucas o maquinista
Tradución de Moisés Barcia
Ilustracións de Franz Josef Tripp
ISBN: 978-84-16884-02-5
Páginas: 244
PVP: 17 €
Colección Intermedio
Rústica con lapelas
A partir do 19 de xuño
Michael Ende (1929-1995) comezou a escribir para rapaces de casualidade, cando lle pediron que fixese o texto para un libro ilustrado. Ende deixouse levar polo seu don para contar historias e o resultado foi Jim Botón e Lucas o maquinista, que acadou un grande éxito tras a súa publicación en 1960. Despois virían outros supervendas internacionais, como Momo (1972) e A historia interminable (1979).
Fillo do pintor Edgar Ende, Michael Ende iniciou a súa carreira no teatro, pero consagrouse coa narrativa xuvenil, que conseguiu captar a atención do público adulto. A súa obra foi recoñecida con prestixiosos premios e traducida a máis de 40 idiomas.