LEMBRANZAS DESDE O SILENCIO FERROL MEMORIA HISTORICA

LEMBRANZAS DESDE O SILENCIO FERROL MEMORIA HISTORICA. REPRESION BARRIO FERROLAN CANIDO

Editorial:
MUIÑO DO VENTO MUIÑODOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-071155-8
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

8,00 €
Comprar

o novo traballo de investigación do historiador e profesor Enrique Barrera Beitia. Neste caso, trátase dun libro editado pola asociación cultura de Canido Muíño do Vento, responsable da proposta levada a cabo por Barrera, baixo o título de “Lembranzas desde o silencio”.
O volume é un capítulo máis no labor deste historiador sobre a memoria relacionada coa represión franquista e neste caso centrada co barrio de Canido en concreto, algo pouco usual nos traballos de memoria histórica local feitos ata o de agora. Así, o libro de Enrique Barrera inclúe un listado e a información dispoñible daquelas persoas que tralo golpe de Estado de 1936 foron asasinadas, ben por fusilamento tras un consello de guerra ou ben tras un “paseo” obra das milicias falanxistas, así como aqueles procesados ou que pasaron pola cadea por cuestións políticas neses anos.

actas
O traballo do profesor ferrolán inclúe abundante información gráfica e as actas de defunción de moitos dos veciños asasinados. Ademais, “Lembranzas desde o silencio” analiza a situación social do Canido dos anos 30 e a maiores recolle testemuñas na actualidade de supervivintes daqueles anos que contan como viviron a dureza daquela época.
Así mesmo, o volume inclúe un artigo a modo de prólogo a cargo da catedrática de Antropoloxía Social da Universitat de Barcelona, Susana Narotzky, que analiza a memoria e a historia como dúas ferramentas para o coñecemento e a análise do pasado.

«Lembranzas dende o silencio». Una obra de Enrique Barrera que reúne recuerdos de los vecinos de Canido durante la represión franquista.

Otros libros del autor

  • GALEGOS EN MAUTHAUSEN
    Titulo del libro
    GALEGOS EN MAUTHAUSEN
    ENRIQUE BARRERA BEITIA
    De Ferrol a MauthausenUn historiador recupera las figuras de 19 gallegos que sufrieron el horror naziRegistrado con ...
    Disponible en 5 días

    10,00 €

  • FERROL 1931-1952. DE LA REPÚBLICA A LA POSGUERRA
    Titulo del libro
    FERROL 1931-1952. DE LA REPÚBLICA A LA POSGUERRA
    ENRIQUE BARRERA BEITIA
    La existencia de una numerosa administración del Estado (fundamentalmente militar), un poderoso movimiento obrero (m...
    Agotado

    22,00 €