LOIS PEREIRO

LOIS PEREIRO. UNHA PERSECUCION

Editorial:
2.0 EDICIONES
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-938683-2-1
Páginas:
176
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,00 €

Lois é unha persoa de fronteira. Non poderán xamais recluílo nin nas pintadas dos muros nin nas edicións académicas ou nos andeis das bibliotecas, e se cadra diso é de onde provén unha parte importante da súa forza. Capaz de recitar a Baudelaire e asubiar sonatas de Bach nas calexas máis escuras dos suburbios, así como de citar aos Sex Pistols e rebentar dunha patada as propostas do culturalismo rancio na mesa dos poetas. Lois soubo moverse entre eses dous mundos cunha axilidade e unha clarividencia impresionantes". Unha das tentativas deste libro é seguirlle a pista, atravesar esas fronteiras cara a un e cara a outro lado, cunha expectativa que mestura a do contrabandista que perdeu o seu grupo e a do vixía que pretende darlle caza. Nalgún momento desa persecución, o perseguidor cae tamén nas mitificacións e nos delirios nos que se aparece o perseguido, pasando as fronteiras unha e outra vez e sen poder distinguir cantas desas veces foron un soño e cantas seguían pegadas reais. Este xogo de cores é o diario desa persecución, feito dende o amor a un dos poetas da miña vida, e pretende ser un libro igualmente fronteirizo, capaz de acoller as múltiples formas dun autor que pedía cuspe e non homenaxes.

Otros libros del autor

  • NARRATIVA E IMAXINARIO NACIONAL NA RECONSTRUCIÓN DO CAMPO LITERARIO NA POSGUERRA
    Titulo del libro
    NARRATIVA E IMAXINARIO NACIONAL NA RECONSTRUCIÓN DO CAMPO LITERARIO NA POSGUERRA
    REGUEIRA, MARIO
    A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancia...
    RECÍBELO EN 72H

    26,50 €

  • L ' AFFICHE ROUGE
    Titulo del libro
    L ' AFFICHE ROUGE
    REGUEIRA, MARIO
    L' affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os person...
    Disponible en 5 días

    20,95 €

  • O SILENCIO
    Titulo del libro
    O SILENCIO
    REGUEIRA, MARIO
    O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en di...
    Disponible en 5 días

    14,50 €