No mesmo día de abril de 2010, aparecen os cadáveres de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o dun delincuente, O Globero, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía. Mentres tanto, Gustavo, o fillo de Ramiro, entrega a Pereiro unha serie de gravacións feitas por María Dominga, a madriña, que recollen, mediante infinidade de contos e cantos, non só a vida daquela muller, senón a dos membros da súa familia, entre os que o investigador sospeita que se atopa o criminal.