MAPA DE ESTRADAS LENDARIO DE ISLANDIA

MAPA DE ESTRADAS LENDARIO DE ISLANDIA. ENTRE AS RIQUEZAS LITERARIAS DE ISLANDIA HAI UN LEGADO DE MITOS E LENDAS TRANSMITIDOS A TRAVÉS DOS SÉCULOS QUE SEGUE A TER UNHA PRESENZA VIVA NA IMAXI

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-17388-15-7
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,00 €
Comprar


TRADUCIÓN DENDE A VERSIÓN INGLESA DE MOISÉS BARCIA

Entre as riquezas literarias de Islandia hai un legado de mitos e lendas transmitidos a través dos séculos que segue a ter unha presenza viva na imaxinación popular. En Islandia, máis ca en calquera outro país, as historias son inseparables da paisaxe, nacida dunha natureza viva e misteriosa, que non tardou en ser poboada por trasnos, trolls, pantasmas, heroes e magos. Cada recuncho do país inspirou as súas lendas, das que con frecuencia derivan os propios topónimos.

Acompañada por mapas prácticos, esta obra guíanos nunha viaxe por unha illa que conta as lendas dos lugares máis famosos e dos recunchos máis remotos e inexplorados de Islandia.


Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

ISBN: 978-84-17388-15-7
Nº páxinas: 224
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm