NON TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE

NON TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE. 500 XOIAS FRASEOLÓXICAS GALEGAS

Editorial:
MORGANTE
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-19040-61-9
Páginas:
248
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

20,00 €

Despues:

19,00 €
Comprar

Este dicionario pretende contribuír ao coñecemento e bo uso da nosa, bastantes veces descoñecida, fraseoloxía. Para iso, presenta 500 unidades fraseolóxicas de diferentes tipos e niveis de lingua documentadas en moi variados autores e obras. Alén diso, ofrece unha lista castelán-galego coa finalidade de que se relacionen as expresións das dúas linguas para evitar expresións alleas ao noso idioma e innecesarias.
Ramón Anxo Martíns Seixo (Vigo, 1959), catedrático de galego de escolas de idiomas na EOI de Vigo, foi director e coautor do Dicionario fraseolóxico galego (2000) e autor, entre outros, dos seguintes traballos: Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega (2013); Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro (Forcarei) (2016) e Dese pau teño eu unha gaita. A fraseoloxía na obra de Manuel Leiras Pulpeiro (2024).