O CANTAR DOS MUSICOS ERRANTES

O CANTAR DOS MUSICOS ERRANTES

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-19438-72-0
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

17,90 €
Comprar

“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da nosa tradición (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros.

Como escritor (ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción (“novela somerxida”, como cualificou Claudio Magris a súa obra O Danubio), un libro que vai máias aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico (incluídas algunhas historias peculiares non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía entre o desleixo e o silencio. Un mundo que nos nutriu e nos segue nutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e preservar para as futuras xeracións.” Epílogo de Manuel Blanco López. Músico e poeta

Otros libros del autor