Esta serie de Frédérick Stehr protagonizada por pequenas aves
desprende tenrura e emoción; o autor métese na pel dos nenos
e das nenas a través destes adorables personaxes que reflicten
as inquedanzas e os sentimentos infantís, auténticos e profundos.
«O día das apertas» comeza sendo a expresión do afecto
mediante un obxecto -doudou- co que establecen un vínculo
e que lles transmite seguridade, calma, consolo… e acaba sendo
unha celebración da amizade.