O ECO DOS DÍAS ROTOS

O ECO DOS DÍAS ROTOS

Editorial:
DEMO
Año de edición:
Materia
NOVELAS GRÁFICAS
ISBN:
979-13-991186-1-2
Páginas:
82
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

25,00 €

Despues:

23,75 €
Comprar

En O Eco dos días rotos, o coruñés Alberto Taracido agasállanos cunha ledicia de novela gráfica na que, desde o realismo do debuxo e o contexto histórico dos anos setenta, descubrimos a vida cotiá no vello barrio coruñes de Labañou. Un lugar tan salvaxe como próximo, onde os seus habitantes sobreviven ás treboadas do mar e ao temporal do franquismo. Nunha sorte de aventura costumista en clave de comedia coral, a vida no barrio cambiará o seu rumbo coa aparición dun novo e enigmático personaxe que fará tremer a veciñanza. Aventura, humor, intriga e todos os sentimentos propios do ser humano mestúranse nesta historia humanista -digna dun autor en plena madurez artística- que cheira a salitre e a xente auténtica. A obra, que xa está conquistando os mercados de países como Francia, Bélxica ou Suíza, amósanos que no barri máis recóndito de Galiza pode agocharse unha historia universal.