O INFERNO

O INFERNO

Editorial:
IRMÁS CARTONÉ
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-948421-4-6
Páginas:
282
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,00 €
Comprar

Sobre a obra
Mentres se instala no hotel no que vai residir, o narrador anónimo de O inferno, un mozo que acaba de chegar a París para incorporarse ao seu novo emprego nun banco, descobre un burato na parede polo que pode ver o cuarto do lado. A tentación de axexar logo se converte en verdadeira obsesión, conforme o protagonista vai presenciando as máis íntimas vivencias alleas.
Décadas antes de que Sartre afirmase que «o inferno son os outros», Henri Barbusse asumiu, en 1908, a tarefa de amosarnos ese inferno nunha novela que serviría de inspiración (non sempre recoñecida) a autores do calibre de Willa Cather, Borges ou do propio Sartre, e que adquire nova relevancia nun tempo no que medios e redes sociais nos ofrecen a oportunidade de converternos, como o protagonista da novela, en perpetuos espectadores da existencia allea.



Sobre o autor
Nado en Francia, de pai francés e nai inglesa, Henri Barbusse (1873-1935) iniciou a súa carreira literaria coa poesía e o xornalismo. Con O inferno (1908), obra de marcado carácter naturalista, Barbusse introdúcese por primeira vez na narrativa, acadando certa notoriedade que logo se verá refrendada, en 1916, coa obtención do premio Goncourt por Le feu, obra antibelicista inspirada pola súa experiencia na Primeira Guerra Mundial.

De fortes conviccións políticas, foi un dos membros fundadores do Comité Mundial contra a Guerra e o Fascismo, creado en 1933. Unha das súas preocupacións foi a definición dunha «literatura proletaria». Afiliado ao Partido Comunista francés en 1923, viaxou con frecuencia á URSS, onde faleceu en 1935.





Os personaxes de Barbusse […] están dolorosamente alienados os uns dos outros, agárranse con desesperación á falsa esperanza de que as relacións —o amor— poden liberalos da súa soidade e vense superados pola terrible toma de conciencia da súa mortalidade.
— Richard C. Harris —