O SEÑOR LUGRÍS E A NEGRA SOMBRA

O SEÑOR LUGRÍS E A NEGRA SOMBRA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-641-9
Páginas:
384
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

23,50 €
Comprar

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso " branco " ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

Otros libros del autor

  • MATARÁN A REBOIRAS
    Titulo del libro
    MATARÁN A REBOIRAS
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras ca...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €

  • RAFAEL DIESTE
    Titulo del libro
    RAFAEL DIESTE
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis e...
    Disponible en 5 días

    24,50 €

  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO
    Titulo del libro
    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente ar...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • CITA EN FISTERRA
    Titulo del libro
    CITA EN FISTERRA
    REI NÚÑEZ, LUIS
    Disponible en 5 días

    18,00 €

  • A ESTRELA DOS POLISÓNS
    Titulo del libro
    A ESTRELA DOS POLISÓNS
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de ...
    Descatalogado

    20,95 €