O VOO DA GARUDA

O VOO DA GARUDA

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
ISBN:
979-13-88061-50-9
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

17,90 €

Dese corpus, os textos máis queridos, máis lidos polos budistas, en xeral, e polos tibetanos, en particular, son A vida de Shabkar: Autobiografía dun iogui tibetano e O voo da Garuda. Obra esta que, polo de agora, tan só foi traducida, directamente do tibetano, ó inglés e ó francés, aínda que existe unha versión en castelán feita a partir dunha das traducións inglesas, e seica está en marcha outra realizada a partir da tradución ó francés. En realidade, O voo da Garuda forma parte dunha triloxía titulada Cantos sobre a Visión (volume 13 das Obras completas), na que Shabkar explica polo miúdo dúas prácticas esenciais da tradición indo-tibetana Dzogchen da escola Nyingma: a práctica de trekcho (khregs chod) e a práctica de togal (thod rgal). Consonte esa tradición do Mahayana, as ensinanzas da Gran Consumación foron levadas ó Tíbet polo Gurú Rimpoché, Padmasambhava, o introdutor do budismo no país, a finais do século VIII, principios do século IX e.c. Ou sexa, uns quince séculos despois da vida e da morte do maha muni (gran sabio), Siddhartha Gautama