OBRA POÉTICA DISPERTA DE XOÁN MANUEL PINTOS VILLAR

OBRA POÉTICA DISPERTA DE XOÁN MANUEL PINTOS VILLAR. POESIA GALEGA

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-96530-15-7
Páginas:
580
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

20,00 €

Xoán Manuel Pintos Villar (Pontevedra, 1811 -Vigo, 1876) é o precursor máis importante do Rexurdimento. Coñecido ata agora só por "A gaita gallega", neste volume recóllese a obra que ía dando a coñecer en publicacións periódicas da época e que nunca apareceu en libro.

Nacido en Pontevedra en 1811 no seo dunha familia burguesa, pasou alí os seus primeiros anos. En 1817 trasladouse a Ferrol, onde perdeu a nai en idade moi temperá, o que fixo que o seu pai enviara os catro fillos que tiña vivos de novo a Pontevedra. En 1821 desprázanse outra vez a Ferrol e en 1824 á Coruña. Nesta cidade Pintos comeza a estudar Humanidades no convento dos Dominicos. A partir de 1825 reside durante os cursos académicos en Santiago4 e, alí, o escritor inicia, en 1826, os seus estudos de Filosofía e entre os anos 1829 e 1835 fai a carreira de Dereito. Son estes, segundo nos conta o propio poeta, “os seus mellores anos”, nos que lembra especialmente as clases de latín do doutor Losada e as que de música e violín recibía do mestre Xoán de Curtí. Xa licenciado impartiu durante un ano a docencia universitaria na disciplina de Institucións Canónicas. Pasou en 1837 a desempeñar a profesión de avogado na Coruña, ata que en 1840 se desprazou a Cambados como xuíz de Primeira Instancia, cargo en que estivo ata que o substituíron en 1844, coa chegada ao poder dos moderados. Pasou logo, en Pontevedra, a exercer durante algúns anos como avogado, e alí desempeña o posto de fiscal e imparte tamén ensino público e privado. Supoñemos que isto último tería que facelo cando quedou cesante de novo, en 1856, coa volta dos moderados ao poder. Quéixase diso o 23 de setembro de 1857, en carta a Antonio de la Iglesia: “Supongo que sabrá V. que hace un año que estoi (sic) cesante con el item de doce hijos. ¿Volvió V. a su destino? Lo celebraría.”7 (o que mostra que don Antonio de la Iglesia debeu tamén quedar cesante polo mesmo motivo). En 1862 tiña praza de rexistrador da propiedade en Vigo, cidade onde faleceu en 1876. Pintos estaba casado con Serafina Amado Boullosa (irmá de Xosé Bieito Amado), coa que tivo catorce fillos. Foi un membro moi activo do labor propagandístico da súa xeración, sendo de salientar a súa defensa da lingua galega, que o levou a ter unha creación poética case monolingüe (feito asombroso na súa época). Por esa mesma actitude foi recoñecido polo grupo rexionalista como un dos principais precursores e nomeado socio de mérito na agrupación “Galicia Literaria” (fundada en Madrid por Vesteiro Torres).
Empeza a escribir en galego a comezos da década de 1840. En 1852 e baixo o pseudónimo do “gaiteiro do Burgo” (zona onde vivía Pintos en Pontevedra), anuncia a subscrición da primeira setena de foliadas de A gaita gallega, que aparecerá no ano 1853 (un dos famosos anos da fame). En 1854 inicia a segunda setena, pero só publicará 8 páxinas da “Foliada” 1ª. Hai que esperar a 1857 para que se publique o anuncio da subscrición a un novo intento de sacar esta segunda setena de A gaita gallega, intento que desemboca tamén en fracaso. Así mesmo, de 1857, 1858 e 1859 son as colaboracións en distintas publicacións periódicas de Pontevedra, Vigo e A Coruña, que constituirán o principal do recollido neste volume. En 1863, xa instalado Pintos en Vigo, saen os Cantares gallegos de Rosalía de Castro. El é requirido para revisar o seu Glosario8. Con menos intensidade continuará publicando ata a súa morte en 1876.
Como xa indicamos, Pintos foi un home moi preocupado pola lingua, gran recadador de léxico galego, que organizou non só no coñecido Breve diccionario gallego, escrito por el tamborilero para facilitar la inteligencia de La gaita gallega tocada por el gaitero, senón tamén no Vocabulario gallego-castellano, feito en 1865 pero só publicado recentemente10, que se conservaba inédito na Real Academia Galega.