OIKO NOMÍA DO XÉNERO RELATO DAS CLAUSURAS POLIMNIA

OIKO NOMÍA DO XÉNERO RELATO DAS CLAUSURAS POLIMNIA. RELATO DAS CLAUSURAS

Editorial:
AXOUXERE
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-944763-3-4
Páginas:
220
Encuadernación:
Rústica
Colección:
POLIMNIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Ben coñecida a día de hoxe no noso país, Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) fai neste ensaio unha análise histórico-xenética da constitución e solidificación do xénero nun proceso de imposición capitalista e patriarcal, vendo con finura as diferentes figuras que o proceso de apropiación do patriarcado sobre do feminino foi desenvolvendo ao longo das épocas, na súa variable evolución e transformación.
Coñecida por facer a primeira tese de doutoramento en Galiza sobre o pensador francés Gilles Deleuze, e posteriomente por terse achegado á escrita literaria (O canto da Sibila ou E meterei a miña Lei no seu peito) sen deixar de producir unha analítica filosófica de marcado carácter ontopolítico (A revolución non vai ser televisada ou Capitalismo e fascismo), é talvez neste ensaio, Oiko-nomía do xénero, no que a súa voz e potencia decodificadora chega á madureza plena.
Sendo un proxecto longamente acubillado por ela, realízase neste libro un ataque despiadado e sen concesións á perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, e imposta como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores. Oiko-nomía do xénero é un fito no pensamento galego, un antes e un despois no porvir dun pensar emancipador que nos achegue a unha forma de vida liberada de toda opresión. E xa que logo, un libro necesario e fundamental para un avance lóxico e consistente das prácticas político-sociais que se están a armar e re-armar en pleno século XXI.