ORALMENTE POLA BOCA

ORALMENTE POLA BOCA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-158-3
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

13,50 €

Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común.
Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de " Extenuación " ata o " Agardando a Monroi " , singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo.
Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar indiferente. Literatura, evidentemente.

Otros libros del autor

  • BLÚMSDEI
    Titulo del libro
    BLÚMSDEI
    CID CABIDO, XOSÉ
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 ...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • DÍAS CONTADOS
    Titulo del libro
    DÍAS CONTADOS
    CID CABIDO, XOSÉ
    Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a realidade inmediata, maiormente urban...
    Descatalogado

    13,95 €

  • FÁLAME SEMPRE
    Titulo del libro
    FÁLAME SEMPRE
    CID CABIDO, XOSÉ
    "Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares d...
    Disponible en 5 días

    20,50 €