DÍAS CONTADOS

DÍAS CONTADOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-609-6
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

13,95 €

Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a
realidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.
Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.

Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.

Otros libros del autor

  • BLÚMSDEI
    Titulo del libro
    BLÚMSDEI
    CID CABIDO, XOSÉ
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 ...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • FÁLAME SEMPRE
    Titulo del libro
    FÁLAME SEMPRE
    CID CABIDO, XOSÉ
    "Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares d...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • ORALMENTE POLA BOCA
    Titulo del libro
    ORALMENTE POLA BOCA
    CID CABIDO, XOSÉ
    Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atenció...
    Descatalogado

    13,50 €