OS DERRADEIROS DÍAS DE ULISES E PENÉLOPE

OS DERRADEIROS DÍAS DE ULISES E PENÉLOPE

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-19438-14-0
Páginas:
130
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

14,90 €
Comprar

Ulises apoiou o seu corpo contra a vella maceira lindeira coa horta e volveu suspirar, agora máis disimulado. Miraba o infinito por riba das fabas e das plantas dos tomates, relucentes como boias nun mar ao sol.
-Na terra hai unha certeza: por ela non anda Poseidón. Non hai nave que gobernar nin tampouco tripulación. Simplemente vive aquí un vello piloto e a súa derradeira esperanza no mundo, Penélope.

Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tomadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis.