OS TRES DE NUNCA

OS TRES DE NUNCA. CASTELAO GUERRA CIVIL GALIZA ASTURIES MADRID PARIS GUERRA MUNDIAL

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-138-9
Páginas:
568
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

25,95 €

Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais.
Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.
É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades.
Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.

Otros libros del autor

  • XIBRALTARIA
    Titulo del libro
    XIBRALTARIA
    TAIBO, NACHO
    Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningun...
    RECÍBELO EN 72H

    20,00 €

  • AS BOAS FAMILIAS
    Titulo del libro
    AS BOAS FAMILIAS
    TAIBO, NACHO
    Os Ferreiro labran eternamente as mesmas leiras, sen a menor posibilidade de que un vaia facer xamais cousa outra. A...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €