POESÍA GALEGA COMPLETA X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

POESÍA GALEGA COMPLETA X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-687-7
Páginas:
392
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,95 €

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ' ' o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social ' ' . Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.

Otros libros del autor

  • A PEGA RABILONGA. OS RUÍNS
    Titulo del libro
    A PEGA RABILONGA. OS RUÍNS
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da Guerra Civil, e A p...
    Disponible en 5 días

    15,20 €

  • CANLE SEGREDO
    Titulo del libro
    CANLE SEGREDO
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954. A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvare...
    Disponible en 5 días

    12,90 €

  • ESCOLMA DE POESÍA GALEGA I-II
    Titulo del libro
    ESCOLMA DE POESÍA GALEGA I-II
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Edición facsimilar coeditada por Editorial Galaxia e a Real Academia Galega, conmemorativa do Día das Letras Galegas...
    Disponible en 5 días

    61,00 €

  • SONETOS DEL ALBA INSOMNE
    Titulo del libro
    SONETOS DEL ALBA INSOMNE
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    EdiciónVigoData1995ISBN/ISSN84-89599-00-9Número de Páxinas97Os poemas contidos neste libro forman parte da obra inéd...
    RECÍBELO EN 72H

    9,00 €

  • O QUE BEN CHE QUER
    Titulo del libro
    O QUE BEN CHE QUER
    ALVAREZ BLAZQUEZ, XOSE MARIA
    Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos coouse por debaixo da porta un airiño que recendía a rosas. O ar, que vi...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €