ROBERT SOUTHEY DESEMBARCA EN EL PUERTO CORUÑÉS

ROBERT SOUTHEY DESEMBARCA EN EL PUERTO CORUÑÉS. EN EL PUERTO CORUÑES

Editorial:
TRIFOLIUM
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-932716-8-8
Páginas:
86
Colección:
FUMEDELEÑA
Disponibilidad:
En stock

12,00 €
Comprar

A bordo dun dos navíos que realizaban o servizo marítimo entre Falmouth e A Coruña, arribaron a Galicia, en decembro de 1795, dous ilustres viaxeiros ingleses: o reverendo Herbert Hill (1749-1828), capelán da colonia británica en Lisboa, e o seu sobriño e compañeiro de viaxe por terras peninsulares, o xove poeta Robert Southey (1774-1843). Do periplo que os levaría da Galiza a Madrid, para, por Extremadura, dirixirse cara a Lisboa, deixounos o poeta inglés -tamen prosista, traductor e editor- unha singular obra na que predomina a narración humorística de tipo costumbrista a partires dunha perspectiva analítica privilexiada, pero sen renunciar a súa subxetividade, prexuizos e afinidades: "Letters written during a short residence in Spain and Portugal. With some account of Spanish and Portugueze (sic) poetry" é o seu título, publicada en Bristol en 1797, segunda edición revisada en 1799, e terceira correxida e aumentada en 1808. Certamente constitúe elemento peculiar das cartas de Robert Southey o fino e irónico humor inglés co que está redactado o material que foi recompilando durante a viaxe, rico tamén en calidade literaria, que tempo despois aproveitaría para ampliar a súa bibliografía referida a temas españois, como a traducción do Amadís ou a súa versión da Crónica del Cid, e o poema "Roderick the last of the Goths y The pilgrim of Compostela", ademáis de por ao alcance do lector inglés poemas de Góngora, Lope de Vega e Quevedo, entre outras obras e autores. Proba evidente do interese que ao longo da súa vida lle suscitaron os temas españois, se ben nesta obra á que se refiere Carlos Martínez-Barbeito no excelente traballo que aquí presentamos, amosase con máis frecuencia crítico que eloxioso, por moito que gozara na viaxe.